O fotógrafo Xoan A. Soler faise coa primeira edición do premio “A imaxe de Galicia”

O xurado escolmou 50 imaxes que percorrerán as sedes da Fundación Caixa Galicia

3/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Fotografía
Compartir:

Infante. Xoan A.Soler. Gañadora do primeiro premio "A imaxe de Galicia"

Era o momento no que os soldados da Brilat partían desde o aeródromo militar de Lavacolla e, segundo o xurado, o fotógrafo soubo captar con “habilidade” o distintos niveis de conflicto da partida, a “inocencia fronte á preocupación, o xogo fronte a intervención militar e o problema familiar da separación”. Con esta imaxe, titulada “Infante”, o fotógrafo Xoan A. Soler fíxose co premio “A imaxe de Galicia” que outorgan a Fundación Caixa Galicia e o Colexio Profesional de xornalistas de Galicia. Ademais do premio, dotado con 9.000 euros, o xurado seleccionou 50 imaxes coas que se formará unha exposición (que toma o nome do premio) e que recorrerá as sedes da Fundación Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia