Unha imaxe tomada na rapa das bestas de San Cibrán, en Catoira, valeulle a José Luiz Oubiña, redactor gráfico do Faro de Vigo o premio Foto do Ano que outorga o Club de Prensa de Ferrol. A imaxe fai parte da exposición Galicia en foco que organiza esta mesma entidade e que se pode ver desde onte e ata o vindeiro dez de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester da Cidade Departamental. A seguir, a exposición fará parte do Outono Fotográfico de Ourense e continuará a súa itinerancia por diferentes localidades galegas. Nos vindeiros dÃas achegaremos unha selección de imaxes desta mostra.