O local social A Gentalha do Pichel en Compostela acolle ao vindeiro 16 de xuño ás 19:30 a presentación de Axóuxere Editora. Este novo proxecto nace desde Rianxo con vocación de se centrar no ensaio. Deste xeito, sae á luz cos textos TAZ (Zona Temporalmente Autónoma de Hakim Bey e mais Chamamento (Anónimo) como primeiros lanzamentos da colección ClÃo, centrada a achegar ao galego textos de pensamento contemporáneo. A esta serie seguirán outras como Polimnia, centrada en textos crÃticos de autores galegos e iberoamericanos como Chiu Longina ou Fausto Alzati, e mais CalÃope, que achegará relatos experienciais de creadores como Tiziano Terzani, Camille de Toledo ou Sara Maitland.