Nace Axóuxere, un proxecto editorial centrado no ensaio

TAZ de Hakim Bey e Chamamento son os primeiros lanzamentos do selo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Axóuxere, un proxecto editorial centrado no ensaio

O local social A Gentalha do Pichel en Compostela acolle ao vindeiro 16 de xuño ás 19:30 a presentación de Axóuxere Editora. Este novo proxecto nace desde Rianxo con vocación de se centrar no ensaio. Deste xeito, sae á luz cos textos TAZ (Zona Temporalmente Autónoma de Hakim Bey e mais Chamamento (Anónimo) como primeiros lanzamentos da colección Clío, centrada a achegar ao galego textos de pensamento contemporáneo. A esta serie seguirán outras como Polimnia, centrada en textos críticos de autores galegos e iberoamericanos como Chiu Longina ou Fausto Alzati, e mais Calíope, que achegará relatos experienciais de creadores como Tiziano Terzani, Camille de Toledo ou Sara Maitland.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Gentalha do Pichel, Toledo, Rianxo...

Claves

Entidades
Conceptos