Nace Cuarto de Inverno, unha nova editora independente

Irmá paxaro de Tamara Andrés e Be water de Antía Yáñez son os seus primeiros lanzamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Cuarto de Inverno, unha nova editora independente

Da man dos antigos membros de Urco Editora Andrea Jamardo e a David Cortizo ve a luz a nova editora independente Cuarto de Inverno. A Culturgal acollerá este sábado 30 de novembro a presentación oficial do novo proxecto, que xa ten nas librarías os seus primeiros traballos.

Irmá paxaro escrito por Tamara Andrés e ilustrado por María Montes e mais Be water de Antía Yáñez son os lanzamentos inaugurais da nova firma, que se presenta a reclamar o interese por libros "novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón". Segundo anuncian, "os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel".

A previsión inicial do proxecto é publicar seis títulos anuais repartidos entre tres coleccións orientadas para público infantil, xuvenil e adulto. A dirección da editora sinala ademais que Cuarto de Inverno mantén un claro compromiso feminista tanto nos títulos editados como no propio proceso de traballo.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuarto de Inverno, Tamara Andrés, Tamara Andrés, Culturgal...