Estaleiro Editora bota o fecho

Unha monografía sobre sobre Gilles Deleuze e un poemario de Pau Gener serán o derradeiros lanzamentos

4/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Despois de oito anos de traballo e dunha trintena de títulos na rúa, Estaleiro Editora bota o fecho. A iniciativa sen ánimo de lucro, que funcionaba como asociación cultural, tirou todos os seus traballos con licenzas Creative Commons e publicounos de balde na rede. No seu haber figura ter publicado os primeiros traballos de autores como Rubén Ruibal e Alberto Lema, ademais de ensaios, poesías ou traducións de autores internacionais á nosa lingua. Os derradeiros lanzamentos do proxecto serán unha monografía sobre Gilles Deleuze coordinada polo colectivo Derriba e mais un poemario bilingüe do catalán Pau Gener.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Lema, Rubén Ruibal, Creative Commons

Claves

Conceptos