Kalandraka presenta Faktoría K de Libros, mentres nace Edicións Espontáneas

Faktoría e casas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Faktoría K de Libros é o nome da nova proposta que, auspiciada por Kalandraka, chega ao mercado editorial. Entre os primeiros lanzamentos está a “Colección BD Banda”, dedicada á banda deseñada, da que editan “Astro valente explorador”, de Javier Olivares, en galego e en castelán e “Fiz”, tradución ao español do álbum de Kiko da Silva. Canda esta liña, a nova editora aposta polos libros de arte “As luces que se acenden e se apagan”, de Ramón Trigo, e “Bestiario”, do canadense Stéphane Poulin e mais polo álbum ilustrado “As luces que se acenden e se apagan” nestes primeiros lanzamentos. O selo presentarase mañá, martes 22 ás sete da tarde no Verbum de Vigo. Simultaneamente coñecemos o nacemento de Edicións Espontáneas, unha proposta centrada nos libros de arquitectura que inicia a súa andaina con “25 casas de Galicia, 1994-2004”. A presentación será o 29 de decembro na Fundación Luís Seoane, na Coruña.

Máis información en web de Edicións Espontáneas

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Ramón Trigo, Kiko da Silva, Luís Seoane...