Kalandraka presenta Faktoría K de Libros, unha nova editora que aposta pola BD no seu lanzamento

Faktoría de BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Faktoría K de Libros é o nome da nova proposta que, auspiciada por Kalandraka, chega ao mercado editorial, coa boa nova de que inicia o seu catálogo contando coa BD. A “Colección BD Banda”, que ata o momento estaba a ser coeditada polo colectivo do mesmo nome e a editorial Kalandraka tira a luz os seus novos números xa baixo o paraugas deste novo selo. “Astro valente explorador”, de Javier Olivares, nas súas versións en galego e en castelán e “Fiz”, a tradución ao español do álbum de Kiko da Silva son os primeiros títulos da Faktoría. Canda esta liña, a nova editora aposta polos libros de arte e polo material para adultos nestes primeiros lanzamentos.

Máis información noweb de BD Banda e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, BD Banda, Kiko da Silva, Fiz...

Claves

Protagonistas
Conceptos