PP e PSdG chegan a acordo para reformar a lei da CRTVG

O BNG anunciou onte a súa saída da comisión parlamentaria e ofrecerá un texto propio

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Malia que o BNG abandonou a ponencia parlamentaria que acometía a redacción do texto da futura Lei da CRTVG, os outros partidos (a saber, PP e PSdG) chegaron a un principio de acordo. Entre os futuros cambios destacan principalmente catro: en primeiro lguar que TVG e RG confluirán nunha única entidade; en segundo lugar que o seu director será escollido por maioría de dous terzos no Parlamento (tres quintos se é en segunda votación); terceiro, que se reducirá notablemente o Consello de Administración, que xa non contará con cargos políticos. E, por último, contará cun consello de redacción para velar pola información independente. O documento queda pendente do visto bo dos dirixentes dos dous partidos, mentres que BNG anunciou que presentará un texto propio nos vindeiros días.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)