Danesga busca socios para o seu proxecto entre o público e xestores culturais

A Sala Nasa dedica este mes de xuño á danza contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A danza está de moda por multiples motivos. Nunca houbo tantas representacións nin tanto público para este xénero. Non hai máis que ver a programación deste mes na que destacan dous acontecementos: dunha banda, a estrea da primeira produción do ano do Centro Coreográfico Galego, 3dTres, que conta con coreografías dos reputados Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun. E da outra, a Sala Nasa comezou a fin de semana pasada o seu ciclo dedicado á danza contemporánea. Despois de Janet Novás, chega o momento de Mónica García que ofrecerá mañá un solo no que se confesará en escena diante do público. Canda isto, Danesga acaba de ampliar o perfil dos seus asociados incluíndo tamén a público, xestores e “consumidores de danza”. Por 12 euros ao ano, esta compañía busca incrementar as vías de financiamento e de apoio para o seu proxecto para o sector.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Multiplicarse

Multiplicarse

O Teatro Colón exhibe a nova liña do Centro Coreográfico Galego con 3Dtres, a súa última montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Sala Nasa, Xénero, Moda...