Galegobook compila publicacións electrónicas sobre o idioma

Malia que está en fase de construción, conta xa con máis dun centenar de títulos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

É un proxecto que pretende agrupar os libros electrónicos que circulan pola rede. Lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía... a día de hoxe xa ten compilado ligazóns de máis dun cento de publicacións que remiten a 97 autores. Ademais, aproveita a potencialidade das redes sociais (creado en Facebook) xa que os usuarios poderán introducir comentarios e votacións en cada entrada. Malia que a páxina está en construción, conta con publicacións destacadas como o informe elaborado en 1954 de denuncia da persecución do galego presentado perante a UNESCO.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Facebook, UNESCO, Lingua galega

Claves

Entidades