A edición en galego medra un 23 por cento

A renovación de libros de texto e o libro dixital dinamizan o sector

18/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A entrada en vigor da LOMCE, coa conseguinte renovación de libros de texto, canda á edición dixital conseguiron mellorar o pasado ano as cifras da edición en galego. Cando menos, así o presenta a Panorámica da edición española de libros 2014/i>, o informe que elabora o Ministerio de Cultura a partir dos datos do ISBN. En concreto, as publicacións na nosa lingua incrementáronse un 23%, o que supón un total de 1763 títulso publicados neste período. Dos mesmos, as referenias de libro de texto son as máis numerosas, con 692 títulos, mentres o libro dixital chega aos 465 lanzamentos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura

Claves