Galicia é a terceira lingua nos libros electrónicos do Estado

A edición neste soporte medrou un 50% o pasado ano

10/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Só un 2,4% dos libros que se publicaron no estado en 2009 sairon no noso idioma. Así o aseguran os datos da Panorámica da edición española de libros, informe publicado pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. No mesmo informe saliéntase, no entanto, que o galego é a terceira lingua na que se editan máis libros electrónicos en todo o estado. Precisamente este xeito de publicacion medrou case un 50% no período estudado, mentres a de papel descendía un 1%. Os datos presentados baséanse nos libros editados cun ISBN (International System Book Number) que os identifica.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Ministerio de Cultura, Lingua galega

Claves