Medra a edición de libros en galego

En 2008 publicáronse 2.482 obras na nosa lingua, segundo os datos do ISBN

A edición en galego sufriu un significativo incremento en 2008. Neste ano publicáronse 2.482 libros na nosa lingua, fronte aos 1.992 de 2007. Estes son os datos de rexistro do International System Book Number (ISBN) que acaba de facer públicos o Ministerio de Cultura. De xeito proporcional, tamén mendrou a presenza da nosa lingua sobre o total de libros editados no Estado, pasando do 2,1% a o 2,6%, o que supón a maior porcentaxe da última década. Tamén se produciu en 2008 un incremento da edición de carácter público, que pasou do 12,6 ao 13,7% dos libros publicados en Galicia. O Observatorio da Cultura Galega achéganos un histórico da evolución da edición en Galicia nos últimos anos.

Histórico dos datos do ISBN ata 2008.