O ISBN constata a mingua da edición en galego

Inscribíronse neste rexistro 1.426 obras en galego durante 2013

8/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Ministerio de Cultura acaba de facer públicas as estatísticas do rexistro do ISBN, o número que identifica os libros publicados en todo o Estado, durante 2013. Segundo estas cifras, o libro galego continúa a minguar a súa presenza no mercado editorial, aínda que o descenso é menos acusado do que o doutros idiomas. Así, en 2013 publicáronse un total de 1.426 títulos na nosa lingua, tanto na nosa comunidade como fóra, o que supón un descenso do 12% fronte ao 15% do catalán ou o 22% o eúscaro.

En canto aos libros editados en Galicia, a produción mantén case os mesmos niveis do que no anterior ano con 2.494 títulos, só un 1,3% menos, o que contrasta co afundimento das cifras a nivel estatal. Pola contra, a edición en soportes diferentes do papel mingua no noso país case un 3% no período estudado, mentres no conxunto de España medra este tipo de publicacións.

Do mesmo xeito, tamén o número de axentes editoriais mantén o descenso que arrastra desde 2010, aínda que o fai dun xeito máis suave do que no resto do estado, cun total de 144 en activo no último ano nesta base de datos, tres menos do que en 2013.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura

Claves