O ISBN constata a mingua da edición en Galicia

En 2016 publicáronse 100 títulos menos que no ano anterior

2/2/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As cifras sobre a edición estatal que acaba de facer públicos a Axencia do ISBN constatan o continuo descenso na edición no noso país. Así se en 2015 este rexistro contabilizaba un total de 2.266 obras publicadas en Galicia, durante 2016 a cifra reduciuse en 100 títulos, e quedou con 2.156. A contía supón apenas un 2,7% por cento do total de obras publicadas no Estado, e deixa a nosa comunidade como a sexta cunha maior produción. Polo momento non se fixeron públicas as cifras de edición desglosados por idiomas. Estes datos recollen tamén que no noso país viron a luz 527 títulos en formato dixital, un 24% do total, porcentaxe próxima á media estatal dun 28%.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación

Claves