Un ano máis, mentres o sector editorial español continúa en ciclo expansivo, o galego segue á baixa. A Axencia do ISBN acaba de publicar os datos deste rexistro correspondentes a 2017, nos que se verifica que en España se rexistraron con este número 87.292 tÃtulos, un 7,3% máis que no exercicio anterior. Pola contra, as editoras radicadas en Galicia sumaron 1.927 novos rexistros, o que supón unha perda de 231 tÃtulos a respecto 2016. Ao tempo, hai un acusado descenso no número de tÃtulos dixitais que as nosas editora inscribiron neste rexistro, xa que en 2017 foron só 351 fronte aos 527 do anterior exercicio. No entanto, a nosa comunidade continúa como a sexta cunha maior produción, se ben o peso da industria do libro galega no conxunto estatal baixou do 2,7 ao 2,2%, a atender ao número de tÃtulos publicados no perÃodo analizado.