O libro electrónico en galego medra por riba da media estatal

En 2011 editáronse 323 obras na nosa lingua, segundo datos do Observatorio de la Lectura do Ministerio de Cultura

28/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pasado ano publicáronse en Galicia 470 libros electrónicos, un 13,4% do total da produción editorial galega. Os datos proceden do informe Situación actual y perspectivas del libro digital en España II que presentou recentemente o Observatorio de la Lectura y el Libro do Ministerio de Cultura. No mesmo, que extrae as súas cifras do rexistro do ISBN, saliéntase o destacado incremento de obras electrónicas editadas na nosa lingua durante 2011, un total 323 lanzamentos neste formato fronte aos 102 rexistrados en 2010, o que supón un incremento do 216,7% fronte ao crecemento medio dun 44% no conxunto das linguas estatais.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Ministerio de Cultura, Medios de comunicación