A produción editorial en galego é a única que descende no conxunto do Estado. Asà o revelan os datos da Panorámica de la Edición Española de Libros 2015 dos cales acaba de facer público un avance o Ministerio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. En concreto, en 2015 a publicación de obras na nosa lingua baixou un 3,1%, mentres o conxunto da edición estatal medrou o 2,8%, segundo recollen as cifras do ISBN. O noso é o único idioma estatal á baixa, xa que as publicacións en valenciano subiron un 22,2%, as feitas en catalán un 13,3% e as que saÃron en euskera foron un 8,5% máis. A seguir estas cifras, a edición en galego supón o 1,9% da que se realiza no Estado, fronte ao 84,7% que se desenvolve en castelán, o 10% do catalán e o 1,7% do valenciano e do euskera.
En total, publicáronse en Galicia durante 2015 2.266 obras, das cales 1.394 foron en galego. Nos dous casos mantense a tendencia descendente que predomina desde 2011, cando se editaran 3.006 libros dos que 1.711 sairan na nosa lingua. Tamén a tradución se mantén á baixa, que nese perÃodo descendeu de 95 a 64 tÃtulos vertidos para o galego.