O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fixo público a finais da pasada semana o informe anual Panorámica de la Edición Española de Libros dedicado a 2016. Esta publicación que recolle as inscricións realizada nas Agencia ISBN (International Standard Book Number) verifica un novo descenso nas publicacións que se realizan na nosa lingua. Segundo os datos que se poden consultar no web do Ministerio, durante o pasado ano inscribÃronse 1.211 tÃtulos editados en galego, un 13,1% menos que no anterior perÃodo estudado. No entanto, subiu o número de obras publicadas no noso paÃs, xa que os tÃtulos inscritos pasaron de 2.266 en 2015 a 2.388. Como acontecÃa en anteriores exercicios, a nosa é, co valenciano, a única lingua que descende das recollidas no estudio. Deste xeito, o número de tÃtulos en castelán subiu un 7,5 %, os publicados en catalán un 7,2 e os feitos en Euskera un 34,5%.