Carlos Rodríguez Méndez leva os seus Homes sentados a Photoespaña

É a aposta galega no marco do gran acontecemento da fotografía que se desenvolve en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Carlos Rodríguez Méndez leva os seus Homes sentados a Photoespaña

O ano pasado, o artista galego Calos Rodríguez Méndez convocou a homes maiores de 70 anos residentes en Madrid a emitir un son continuado e intelixible durante un minuto mientras son fotografiados e gravados en vídeo cenitalmente. O resultado é un material que quere analizar a fisicidade do corpo vivido desde o máis absoluto anonimato (de aí a perspectiva cenital). A súa proposta, bautizada co título de Homes sentados pódese ver no espazo Aberto X Obras que se integran no marco do gran acontecemento da fotografía que é Photoespaña. A cita céntrase este ano no retrato, que é o que une áos 370 artistas de 55 nacionalidades que se citan en 57 sedes ata 24 de xullo.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)