Compostela na memoria

O proxecto A memoria da xente recupera a historia da cidade das lembranzas dos seus habitantes

6/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Reconstruír a historia de Compostela entre 1900 e 1975 a través dos recordos dos seus habitantes. Esta é a proposta de A memoria da xente unha exposición que está a circular polos centros socioculturais de Santiago. A coincidir coa mostra, recóllense e escanéanse fotografías antigas e outros materiais que queiran achegar os veciños e vanse completando videos e paneis. Agora, ademais, o proxecto conta cunha páxina web na que se van publicando os contidos que se van icorporando ao mesmo, e que inclúe unha sección dedicada a aqueles composteláns que viviron a represión franquista. Achegámoste unha mostra dos contidos que fan parte deste proxecto.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves