“Non é que o web desapareza, é que está en proceso de estruturación dos seus contidos” apuntan desde o gabinete de prensa da ConsellarÃa de Cultura. Pero o que non precisan son os prazos para que a información sobre o Ano da memoria volva aparecer no sitio web. Eran os datos que recuperaba o proxecto de investigación interuniversitario que estudaba a represión franquista no noso paÃs. Un traballo que continuará, como mÃnimo, outros tres anos máis tal e como se aprobou pola anterior ConsellarÃa de Cultura. Mentres tanto, todos os datos e contidos desta web pódense ver no web que ten habilitado o proxecto (www.nomesevoces.net).