Cultura creará un arquivo co material que recuperou das víctimas da Guerra Civil

A investigación ampliarase para investigar a represión posterior ao 1939

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai dous anos as tres universidades galegas e a consellaría de Cultura puxeron en marcha o proxecto “As vítimas, os nomes, as voces, os lugares”. Un traballo de investigación que pretendía estudar a represión franquista en Galicia entre 1936-39. O proceso deste traballo xerou un material que a consellaría de Cultura pretende gardar no futuro Arquivo da Memoria. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, destacou que o proxecto de investigación terá continuidade proximamente co interese de abordar o estudo da represión a partir do ano 1939.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Luís Bará

Claves

Protagonistas
Conceptos