A represión franquista matou 3.588 persoas entre 1936 e 1939

Cultura presenta os primeiros datos de "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O proxecto "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, polo que as universidades galegas están a investigar a represión franquista en Galicia ten xa os seus primeiros resultados. Segundo o traballo realizado, 3.588 persoas, entre elas 77 mulleres morreron entre 1936 e 1939 por esta causa. Do total, 1.911 persoas foron asasinadas sen procesos xudiciais previos, e outros 845 pasaron por xulgamentos militares. A represión cebouse especialmente en líderes políticos e sindicais menores de 45 anos. Ao longo de 2008 e do vindeiro ano, o proxecto continuará analizando este período.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres

Claves

Conceptos