O proxecto de investigación Nomes e Voces libera os seus contidos

Achega unha base de datos cos datos persoais e os procesos da represión franquista

30/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A licenza Creative Commons chega á memoria histórica. O proxecto de investigación Nomes e Voces, que recompila a historia represión franquista en Galicia, acaba de liberar na rede unha ampla base de datos encol desta cuestión. En concreto, no web desta iniciativa pódese acceder e facer buscas sobre persoas e procesos a partir de criterios coma o seu lugar de nacemento, profesión ou filiación política entre outras variables. Os contidos poden empregarse libremente sempre que se cite a súa fonte, non se tire proxecto económico e o traballo resultante saia tamén baixo a mesma licenza.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Creative Commons, Memoria Histórica