Os coruñeses poden ver, por primeira vez, os rostros reais dos habitantes da cidade durante a época romana. A exposición Rostros Brigantium amosa unha reconstrución cientÃfica de varios destes coruñeses do pasado nunha propostas pioneira no Estado. Malia á súa espectacularidade, as reconstrucións faciais non son máis do que unha parte da mostra. A localización de restos romanos na cidade, os seus costumes funerarios e o contexto histórico no que viviron aqueles habitantes, con restos arqueolóxicos do momento completan esta proposta de recreación histórica. José Alfeirán, responsable desta mostra, explÃcanos polo miúdo o proceso de creación desta mostra e como están a responder os visitantes.
"Queriamos facer unha exposición global, que non fose só un tema forense senón que tratase o mundo funerario romano", explica Alfeirán. Deste xeito, aÃnda que no mirador do monte de San Pedro pode verse por unha banda unha explicación do proceso de reconstrución facial destes habitantes, tamén se achegan contidos de contexto sobre estes habitantes. Os visitantes poderán coñecer, por exemplo, a información que se puido tirar dos ósos conservados en canto a idade, enfermidades e caracterÃsticas fÃsicas dos antigos coruñeses. Outra sección da mostra céntrase en amosar onde apareceron estes restos, acompañando esta explicación con nove pezas históricas orixinais relacionadas cos costumes funerarios romanos.