Música, arte, teatro e actividades lúdicas para achegar a Cidade da Cultura á sociedade

Moitas das actividades xa foron avanzadas no marco doutras programacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Unha exposición sobre a historia da máquina de escribir (Typewriter); as esculturas de aluminio do referente da arte contemporánea Miguel Navarro (Figuras para a batalla); títeres, teatro e marionetas( Titemá) para os máis pequenos; concertos de todos os estilos e xéneros (Festival TPS, Seráns do TAC, Ruído de Fondo) e numerosas actividades formativas (encontros para artistas novos e bolsas para xestores culturais). Esta é a oferta da Cidade da Cultura para o segundo semestre do ano. Unha liña de actividades que xa foron avanzadas por parte da Consellaría de Cultura no marco doutras programacións como a celebración do Ano da Música. Destaca o intenso número de actividades centradas en dar a coñecer ao público o complexo, pero con itinerarios deportivos (Camiño ao Gaiás), con magos (Visitas máxicas), de noite (“Ceo e Compostela”) ou con música (Aterdeceres musicais no Gaiás).

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Gaiás, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Cidade da Cultura de Galicia...