Cultura programas actividades culturais para os solpores na Cidade da Cultura

As actividades comezan o xoves 14 cun espectáculo de poesía musicada

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O obxectivo é animar á cidadanía a participar nas actividades programadas na Cidade da Cultura e, de paso, darlle vida as rúas do complexo. Cultura presentou hoxe o programa detallado dos Atardeceres no Gaiás que pretende animar os solpores a ritmo de música (medieval, clásica, electrónica e independente), contacontos, espectáculos poéticos ou o relato dun contacontos. As programacións terán lugar de xoves a sábado de todas as semanas ata o 10 de setembro. Algúns dos encargados de amenizar os solpores desde o Gaiás son Lacrosse, os suecos Le Corps Mince de Françoise, Chelicia, os búlgaros Simona Kantcheva e Palmen Velev ou Ensemble Galante. A iniciativa comeza o vindeiro xoves 14 con “Camiños de amor e lúa”, un espectáculo de poesía musicada a cargo do guitarrista Xosé Manuel Salgado, xunto co escritor e poeta de Verín Xosé Carlos Caneiro.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Poesía, Gaiás, Xosé Carlos Caneiro...