Este mércores chega ao Salón teatro Medea para llamar, a montaxe da compañÃa ecuatoriana Zero no Zero Teatro, grazas a un acordo entre o Centro Dramático Galego e o Fitei de porto. Esta montaxe recrea a historia da migración en Ecuador nos peores anos do éxodo, cunha Medea ecuatoriana que grada semellanzas coa Medea creada por EurÃpides. Con esta representación, o Salón Teatro (espazo xestionado polo CDG) pecha a temporada teatral 2010-2011, que tivo 12.706 espectadores en 116 funcións, nas que houbo espazo para o teatro (con 64 funcións), música (con 7 citas) e danza (a I Mostra de Danza que concentrou a 27 formacións).
As cifras facilitadas por Agadic revelan un lixeiro descenso de público neste espazo con respecto a edicións anteriores, xa que no 2009 chegáronse a acadar os 14.442 espectadores nun total de 106 actividades programadas.