A Coruña representa a unha nova Medea e Ferrol homenaxea a "Teatro Estudio"

Recuperar o teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Medea xa non está tan nerviosa, nin carga nas súas costas o horror da lenda. Así apareceu onte no coruñés Teatro Colón a Medea de "Últimas faíscas de Setembro", a obra coa que Manuel Lourenzo recibiu o Premio Rafael Dieste da Deputación de A Coruña. E falando de teatro, en Ferrol hoxe se celebra un acto de homenaxe a Teatro Estudio e ó seu promotor Victorino López.

Últimas faíscas de Setembro

"Últimas faíscas de Setembro" é a obra pola que Manuel Lourenzo subeu onte a recoller o premio, a estatuíña da diosa Briga ,"Rafael Dieste" na edición 1999. A obra ofrece unha visión moderna do mito de Medea, mesturando comedia e amor e que resultou ser todo un éxito de público no día da súa estrea. Unha obra que a compañía Casahamlet puxo en escena e que repetirá esta noite na Coruña e que vixará os próximos días por toda a provincia.


Teatro Estudio

Baixo o título "Recuperación da nosa Historia" a Asociación Cultural Fuco Buxán celebra un acto que pretende rendir homenaxe a "Teatro estudio" grupo dirixido por Victorino López e que supuxo un importante foco cultural durante os anos sesenta. No acto que se celebrará hoxe darase a coñecer un documento sonoro inédito dunha gravación da obra de Valle Inglán "Ligazón" dirixida por Alfredo Osset e interpretada por Laura Landeira con prólogo de Lolo Linos.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, A Coruña, Ferrol, Manuel Lourenzo...