Seis mil persoas máis acudiron aos espectáculos do Centro Dramático Galego na temporada 2007-2008. A entidade presentaba esta mañá o balance deste perÃodo, no que revela que un total de 27.800 espectadores acudiron a algunha das 196 funcións programadas. Tamén neste sentido se produciu un incremento, xa que houbo 41 sesións máis do que no perÃodo anterior. A nivel de produción propia, as obras A boa persoa de Sezuán e As dunas acadaron 10.815 espectadores en 66 funcións.