Aumenta timidamente a cifra de asistentes ao teatro galego

Enrédate coas cifras

6/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Bautizouse como a “Temporada da cidadanía” por ese interese por enganchar o gran público, pero os espectadores van pillándolle o bechoco pouco a pouco. As cifras totais de espectadores, funcións e recadacións do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) do 2007 revelan un tímido aumento de espectadores con respecto ao ano anterior, rexistrando 89.113 espectadores, o que supón 4.001 máis. Desas cifras, 4.292 corresponde ás salas privadas que no 2006 constituíron un circuíto particular. O que si aumenta foi o número de funcións (110 máis) que fai descender as cifras de asistencia media aos espectáculos. Con respecto á facturación, no 2007 os ingresos ascenderon ata os 253.985 euros (62.000 euros máis que no período anterior).

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

21/04/2015

Que nos pasa coa música?

Música clásica e popular viven as horas máis baixas da década en número de espectadores

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, IGAEM, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais...