As salas de cine galegas continúan a perder espectadores e recadación

Cine máis, cine menos

18/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O cine continúa a súa tendencia recesiva, así o confirman as cifras publicadas polo Ministerio de Cultura relativas a 2007. A Coruña perdeu nese ano oito salas, 199.845 espectadores e 438.000 euros con respecto ao ano anterior. Unha tendencia que tamén se produce na provincia de Pontevedra, aínda que un pouco menos acusada. Con respecto ás cifras de cine, o venres pasado estreouse “Padrolongo”, o último filme de Ignacio Villar que foi rodada e proxectada en galego e que esta fin de semana conseguiu 1.600 espectadores. A cifra, facilitada pola produtora, non é nada desdeñable tendo en conta que só se proxectaron en dúas salas no Barco e no Valdeorras.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ministerio de Cultura, Valdeorras, Pontevedra...

Claves

Conceptos