Galicia perdeu no 2008 preto de 200.000 espectadores

Pontevedra é a provincia que acusa un maior descenso de asistentes

13/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Ministerio de Cultura acaba de dar a coñecer os datos de asistencia a cine no 2008. Unhas cifras que confirman a tendencia descendente dos últimos anos e que no Estado se saldou con nove millóns menos. Galicia non é allea a esa situación e no 2008 foron 186.107 espectadores menos que no ano 2007. Por provincias, Pontevedra foi a comunidade que rexistrou un descenso maior, ao perde 84.072 asistentes seguido da Coruña con 76.880. Sen embargo, son estas provincias as que seguen a ter un maior número maior de salas e de asistentes. O Ministerio tamén facilitou as 25 longametraxes españolas con maior recadación, entre as que hai tres títulos con participación galega: Os xirasois cegos (con catro millóns), O espírito do bosque (un millón) e Pérez, o ratiño dos teus soños (con preto de seiscentos mil euros).

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Cine, Ministerio de Cultura

Claves

Conceptos
Lugares