Ourense e Pontevedra sitúan a Galicia como única comunidade que gaña espectadores

Reconto de espectadores

11/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Federación de Entidades e Empresarios de Cine de España (Feece) convocou unha rolda de prensa para dar conta dos nefastos resultados de recadación e espectadores de cine no estado. E a única comunidade que aumentou con respecto ao 2000 a asistencia ás salas foi Galicia. Ese mesmo informe dá conta de que o perfil de espectador galego é novo e prefire as películas americanas ás europeas. A situación é desigual por provincias xa que, aínda que a Coruña é a provincia con máis espectadores e redacadación, son Ourense e Pontevedra as que rexistraron un maior aumento. Polo demais, a Xunta comprometeuse ante os directivos da Feece a subvencionar a fondo perdido ás salas de cine do rural que recaden menos de 60.000 euros ao ano.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e en Cine por la Red

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Pontevedra, El Correo Gallego...