A animación é o xénero que ten mellores resultados do cine galego

O difícil cine galego

18/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
18 lecturas | Compartido 0 veces
O cine galego non acaba de callar nos espectadores das salas de cine. Entre os preto de vinte millóns recadados por “Mar adentro” (na que participou Filmanova Invest) e o case dous mil quiñentos euros de “Nena” (Xamalu Filmes e a TVG) existe un amplo abano de películas feitas con capital galego e desigual éxito. Segundo publica hoxe “La Voz de Galicia” o cine galego ten dificultades para abrirse oco no mercado, e eses atrancos son menores se a película foi en coprodución cunha empresa foránea. Ademais, o mesmo medio indica que a animación ten máis éxito que as películas de imaxe real.

Máis información en La Voz de Galicia, comproba as cifras de recadación e espectadores na base de datos do Ministerio e na nosa reportaxe sobre a presenza das producións galegas nas carteleiras


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, La Voz de Galicia, Xénero...