Melloran as cifras de asistencia ao teatro en Galicia

O ano pasado asistiron ao teatro 22.000 persoas máis que no 2007

27/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe, 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro. Unha efeméride que se celebra en Galicia cunha boa nova: o 2008 foi un bo ano para a escena. Así o constatan as cifras de asistencia dos espazos que contabiliza a Consellaría de Cultura a través do AGADIC (co Salón Teatro, a Rede Galega de Teatros e Auditorios e a Rede Galega de Salas) que revelan que nese ano asistiron 127.273 persoas aos espectáculos programados. Unha cifra que supón un 20% máis que no 2007, cando se acadaron 105.209 espectadores. Ademais, o ascenso de público traduciuse nun incremento de facturación que sumou 434.160 euros.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Día Mundial do Teatro, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas...