Cineuropa bate marcas de participación con 20.000 espectadores á falta dunha semana para a clausura

A cifra supón un incremento con repecto á edición de 2007

26/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Se Gomorra, a película que recolle a camorra italiana, fixo colgar o cartel de “non hai entradas” en Cineuropa, os primeiros datos xerais de espectadores revelan que non foi un fenómeno illado, senón unha tendencia de todo o certame. Nesta edición pasaron polas súas salas (CGAC, Teatro Principal, Salón Teatro, Fundación Caixa Galicia, aula sociocultural de Caixa Galicia e Arteria Noroeste) máis de 20.000 espectadores. Segundo as cifras que manexa a concellaría de Cultura, organizadora do certame, son 5.000 máis que no mesmo período en 2007.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Teatro, Caixa Galicia, Salón Teatro...