Os Cineclubes intensifican a súa actividade

Proxectaron máis filmes e chegaron a 25.000 espectadores no último ano

Os cineclubes galegos proxectaron un total de 338 películas de 40 países diferentes entre outubro de 2011 e outubro de 2012, 15 filmes do que no período anterior. Estas actividades chegaron a un total de 25.020 espectadores, destacando o traballo do Cineclube Padre Feijóo de Ourense, que contou con 8.222 asistentes repartidos nas súas 37 proxeccións. Como novidades deste ano, a Federación Galega de Cineclubes destaca o afianzamento da achega que realiza AGADIC a estas entidades, de 24.000 euros ao ano, malia a salientar un descenso no apoio municipal. Ademais, saúda que finalmente neste período se comezou a distribuír polos cineclubes galegos a programación que desenvolve o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).