AGADIC incrementa o seu apoio aos cineclubes

A Federación de Cineclubes programará trece ciclos e nove semanas de cine

12/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais e mais a Federación de Cineclubes de Galicia asinaban esta mañá un convenio polo que a primeira destas entidades contribuirá ao longo de 2016 con 25.000 euros ao funcionamento da segunda. O apoio, que supón un incremento de mil euros a respecto do ano anterior, facilitará o desenvolvemento dunha programación estable e de calidade nos cineclubes do país. A Federación anunciou que de cara a este anos os seus membros teñen previsto programar trece ciclos temáticos e mais nove semanas de cine, además de enviar unha delegación aos Encontros de Cinema de Viana do Castelo.

Segundo adiantou Manuel Precedo, a Federación incorporará en breve cineclubes de Bueu, A Illa e de Lalín. Ademais de nestes, haberá ciclos no Carballiño, Cangas, Pontevedra, Ourense, o Barco, Vigo, Goián, Lugo, Noia e Viveiro. Pola súa banda, as semanas de cine desenvolveranse en Ourense, O Barco, O Carballiño, Vigo, Cangas, Pontevedra, Lugo, Monforte e Chantada.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Castelo, Axencia Galega das Industrias Culturais, Manuel Precedo...