Os cineclubes ofrecerán unha programación de vinte ciclos e semanas de cine

Asinou un convenio con AGADIC por 30.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Federación de Cineclubes de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) asinaron onte un convenio para desenvolver a programación de ciclos e semanas de cine dos cineclubes asociados, por un importe de 30.000 euros. O obxectivo é o "mantemento dunha programación estable e de calidade nos cineclubs galegos, ao tempo que se contribúe ao seu labor de difusión e de creación de públicos para o cinema". Serán arredor de 13 ciclos e oito semanas de cine que se complementarán con actividades paralelas como debates, obradoiros e exposicións.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Exposicións, Axencia Galega das Industrias Culturais