A AGADIC mantén o seu apoio aos cineclubes

Financiará ciclos e semanas de cinema nunha ducia de localidades

13/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubes de Galicia, Manuel Precedo, asinaron onte o convenio polo que as dúas entidades renovan a súa colaboración en 2015. En concreto, a AGADIC achegará unha partida de 24.000 euros destinados a financiar as actividades das entidades integradas na Feciga. Desde os cineclubes comprométense a realizar ciclos e semanas temáticas de cinema nunha ducia de localidades do país, cunha especial atención á produción galega. A contía do convenio é a mesma desde que comezou esta colaboración, en 2012.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manuel Precedo, Jacobo Sutil, Axencia Galega das Industrias Culturais