Os Cineclubes denuncian que o desamparo administrativo afoga as súas actividades

As proxeccións contaron con 58.000 espectadores no último bienio

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

No bienio 2010-2011, os 22 cineclubes galegos proxectaron 559 producións audiovisuais que chegaron de 35 nacionalidades diferentes cunha media de cen espectadores por sesión. “As cifras evidencian a nosa liña de traballo, que dá conta da diversidade cinematográfica e o cinema non comercial e independente” explica Manuel Precedo, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia. Sen embargo, este volumen de actividade non conta co respaldo administrativo xa que a Xunta non renovou o convenio que viñan asinado desde hai quince anos “por falta de financiamento” o que pon a entidade nunha difícil situación. Con todo, a Federación presentou o “Encontro de Cineclubes” que terá lugar esta fin de semana (5-6 de novembro) para intercambiar experiencias con entidades homólogas de Portugal e de Cataluña.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manuel Precedo, Portugal, Cataluña...

Claves

Protagonistas