Mariña Patrimonio denuncia o recheo de parte do castro de Sumoas

O responsable do recheo é o concello de Xove

31/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
22 lecturas | Compartido 0 veces

O recheo afecta a parte do recinto arqueolóxico. Foto: Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio e ADEGA denunciaron onte o recheo de parte do recinto arqueolóxico do castro de Sumoas, no concello de Xove. O castro, que comprende tamén a igrexa parroquial, sufriu un recheo en parte do seu recinto, levado a cabo polo concello de Xove, depositando grandes masas de terra sobre o lugar. En declaracións a El País, o alcalde, Demetrio Salgueiro, manifestou que se trataba das obras dunha área de esparcemento e que solicitarán permiso para a súa realización. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Patrimonio iniciou xa un procedemento de investigación.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, El País, ADEGA, Dirección Xeral de Patrimonio...