Aparece unha cetárea romana e os restos da porta litoral do castro de Alobre

O concello e a Dirección Xeral de Patrimonio están a valorar o destino dos restos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O castro de Alobre (Vilagarcía de Arousa) é un dos xacementos máis destacados do Salnés, e testemuña dunha intensa ocupación desde o século IV d.C. ata a fin do Imperio Romano. As diferentes campañas levadas a cabo durante a década dos 2000 amosaron a existencia de áreas fabrís e residencias de diferentes momentos. Desta volta, as escavacións preceptivas que se están a facer no entorno do castro co motivo da construción dun supermercado Mercadona desvelaron a porta exterior de acceso ao castro que daba para o mar, así como os restos dunha "cetárea" de época romana, segundo informa La Voz de Galicia. Aínda que non hai fotos dos achados, a intervención de A Citania Arqueoloxía amosa que a factoría romana e o acceso ao recinto castrexo están moi próximos entre si. En declaracións a La Voz de Galicia, Mercadona que a decisión sobre os achados, que non afectan á superficie estricta do supermercado, deberán ser tomados pola Dirección Xeral de Patrimonio. Por parte do concello de Vilagarcía, hai conversas para estudar as opcións de conservación e posta en valor dos achados.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Neixón

Boiro quere custodiar os achados do Castro de Neixón no seu Centro de Interpretación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, La Voz de Galicia, Arqueoloxía, Imperio Romano...