Pontevedra acolle o primeiro foro sobre o Itinerario Cultural Europeo Camiños de Arte Rupestre Prehistórica

O encontro pretende definir a proposta de actividades deste espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Representantes de vinte rexións de Irlanda, Italia, Noruega, Francia, España e Portugal reúnense entre hoxe e o vindeiro 27 de maio no I Foro sobre o Itinerario Cultural Europeo Camiños de Arte Rupestre Prehistórica. O encontro pretende definir as actividades para este roteiro, no que están integrados o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro canda aos petróglifos da Caeira, de Tourón e de Mogor. A iniciativa, que supón o maior proxecto arredor da arte rupestre en Europa, debaterá tamén a posible creación dunha marca turística para os destinos que teñen neste patrimonio o seu principal atractivo, así como a compatibilidade entre conservación e turismo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Divulgar a arte das sombras

Divulgar a arte das sombras

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro explora novos xeitos de chegar ao público

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Turismo, Irlanda, Noruega...