Os petróglifos de Pontevedra, parte do novo Itinerario Cultural Europeo

O Consello de Europa premia os conxuntos de arte prehistórico de Europa

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello de Europa aprobou onte a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP), unha asociación internacional de carácter transnacional que ten por obxectivo a promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario Cultural Europeo. A Asociación CARP inclúe, canda outras cen localizacións, catro sitios galegos con arte rupestre, o Parque Arqueolóxico da Arte rupestre, a Área arqueolóxica de A Caeira, a de Tourón e os Petróglifos de Tourón. Xa que logo, estas catro áreas súmanse ao Camiño de Santiago como ben cultural europeo.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello de Europa, Pontevedra, Camiño de Santiago, Arqueoloxía