A Asemblea Xeral Extraordinaria do Itinerario Cultural do Consello de Europa "Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP)" ven de ratificar a incorporación do Museo de Pontevedra como membro da rede na súa reunión do foro anual celebrada en Capo di Ponte (Brescia, Italia), ata onde se trasladou o pasado venres o director da institución provincial, Xosé Manuel Rey, para defender a candidatura. A CARP é unha rede especialmente activa en materia de promoción dun turismo arqueolóxico sostible e dinamizador dos territorios rurais, formación de guÃas e persoal de atención ao público, desenvolvemento tecnolóxico e cooperación na execución de accións conxuntas a través de proxectos financiados pola Unión Europea.
No informe xustificativo que argumenta a adhesión do Museo de Pontevedra á CARP destácase que a longa tradición investigadora da institución museÃstica provincial en relación coa arte rupestre, que se remonta á Sociedad Arqueológica de Pontevedra. Para a decisión tÃvose en conta a importancia do conxunto de materiais orixinais e de produtos derivados da investigación e estudo coa que conta o Museo en forma de arquivo gráfico e documental de distintos investigadores desde finais do século XIX ata a actualidade asà como a dilatada tradición no inventario e catalogación de petróglifos, evidenciada sobre todo a partir das publicacións Materiais para a Carta Arqueolóxica da provincia de Pontevedra (Filgueira Valverde e GarcÃa Alén, 1953) e Gravados rupestres da provincia de Pontevedra (GarcÃa Alén e Peña Santos, 1981). Galicia conta con cinco destinos rupestres englobados nesta rede, todos eles no ámbito territorial da provincia de Pontevedra e a menos de 25 quilómetros de distancia do propio Museo, cos que pode cooperar para reforzar o coñecemento e promoción dos petróglifos de Galicia: o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, a área arqueolóxica de A Caeira en Poio; a área arqueolóxica de Tourón en Ponte Caldelas; os petróglifos de Mogor en MarÃn, e os petróglifos de Monte Penide en Redondela.
Arquivo de imaxes de investigacións dos anos 60
Nesa mesma reunión en Brescia iniciáronse contactos con outras organizacións para colaborar de maneira inmediata. Un exemplo é a participación do Museo de Pontevedra nunha candidatura para un proxecto europeo sobre arte rupestre liderada polo Centro Camuno di Studi Preistorici. Este centro, ademais de convidar ao Museo de Pontevedra a ser parte do seu proxecto, tamén ofreceu a posibilidade de que o centro pontevedrés dispoña do arquivo dixital das imaxes producidas por Emanuel Anati na súa estadÃa de investigación en Galicia a finais da década dos sesenta dos pasado século. Este serviu de base para a publicación do traballo clásico Arte rupestre nelle regioni occidentali della penisola ibérica (1968), que tivo no seu momento unha ampla repercusión entre as e os investigadores galegos.