Os Premios da Crítica convocaranse en outubro

A remuda na directiva da Fundación que convoca os galardóns garante a súa continuidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Premios da Crítica elixiou a Bieito Ledo e a Antón Pulido como novos novos presidente e secretario. Con esta remuda desbloquéase a situación desta entidade, que provocara á súa vez a parálise na convocatoria anual dos Premios da Crítica en 2011. Ledo anunciou que para o vindeiro mes de outubro se celebrará a 34 edición destes galardóns. Ata entón, a nova directiva prevé entrevistarse con responsables de entidades como a Consellaría de Cultura, o Consello da Cultura Galega ou a Academia con vistas a buscar xeitos de consolidar e relanzar esta convocatoria.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Premios da Crítica, Consello da Cultura Galega